Páxinas

xoves, 17 de decembro de 2015

IN MEMORIAM


Xosé Fernández Ferreiro (Espartedo, Nogueira de Ramuín, 1931) morreu na noite de onte, na Coruña. Foi o autor da primeira novela de vaqueiros en galego, A morte de Frank González, ingresara na Real Academia Galega o 9 de marzo de 2013 con un discurso titulado Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas. Exerceu o xornalismo nos principais medios galegos, xubilándose como redactor de La Voz de Galicia, onde traballou durante vintecinco anos.

Ferreiro converteu en materia narrativa o que aconteceu no ano trinta e seis e fíxoo cun feixe de novelas magníficas  como Agosto do 36;  deixou, asemade, unhas crónicas espléndidas da súa vida e experiencias en De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde.