Páxinas

mércores, 25 de novembro de 2015

luns, 16 de novembro de 2015

sábado, 14 de novembro de 2015

LEDICIA COSTAS RECIBE O PREMIO LAZARILLO

Onte fallouse en Madrid, o Premio Lazarillo 2015, na súa modalidade de creación literaria, convocado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil  do que resultou gañadora Ledicia Costas coa obra titulada Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante.
O xurado destacou da obra gañadora :"Unha novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben conseguida e unha linguaxe literaria sinxela pero elaborada, que combina con precisión elementos da realidade e ficción e dándolle un aire de misterio que contribúe a facer moi emocionante a súa lectura".

domingo, 8 de novembro de 2015


PREMIOS DA CRÍTICA 2015



No Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer o ditame da trixésima oitava edición dos Premios da Crítica 2015. No que atinxe aos premios, os xurados das sete modalidades salientaron a calidade e excelencia dos traballos de Agustín Fernández Paz, Xosé Ramón Pena, Cineuropa, Xaquín Marín, Guadi Galego, A Panadaría Teatro e Miguel Vila «Colineta».

mércores, 4 de novembro de 2015