Páxinas

venres, 27 de marzo de 2015

VISITA Á CAPELA
O alumnado de 1º ESO visitou o Museo Etnográfico da Capela. Alí viaxamos no tempo e descubrimos como vivían os nosos antepasados; descubrimos apeiros de labranzas, distintos utensilios usados na vida doméstica: artesas, olas da nata, a roca e o fuso, a sella,…;e coñecemos os oficios máis tradicionais: zoqueiros, carpinteiros, xastres, cesteiros, …….



Despois de adquirir tantos coñecementos, fomos xogar cos nenos do CEIP Mosteiro de Caaveiro e amosáronos a súa colección de xoguetes africanos, entre outras cousas. Moitas grazas pola vosa atención.
















luns, 2 de marzo de 2015

 LUÍS VALLE GAÑA O PREMIO LUEIRO REY

Co libro As cicatrices do Sol, o poeta Luís Valle gañou a terceira edición do premio Lueiro Rey de Poesía convocado pola Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe máis o concello de Fornelos de Montes. O libro sairá publicado pola editorial Sotelo Blanco Edicións o vindeiro 12 de abril no acto de entrega no premio que se desenvolverá en Fornelos de Montes.