HOMER E OS MAIOS
venres, 13 de xuño de 2014
martes, 10 de xuño de 2014
domingo, 8 de xuño de 2014
OS PREMIOS XERAIS 2014
Dende o conflito é o título da novela
de María Reimóndez que o xurado escolleu para o Premio Xerais de Novela 2014. Con Escarlatina. A cociñeira defunta, Ledicia Costas fíxose co Merlín de literatura
infantil e O
Gran Reino valeulle a Eduardo
Santiago o Jules Verne de literatura xuvenil. Os tres recibiron os premios no
acto que se desenvolveu, como cada ano, na Illa de San Simón.
sábado, 7 de xuño de 2014
OS PREMIOS FREI MARTÍN SARMIENTO
A verdadeira historia da mosca da
tele, de María Solar, e O neno can de
Fina Casalderrey e Francisco Castro, foron dous dos libros triunfadores na gala
celebrada este venres no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, dos
Premios Frei Martín Sarmiento 2014 que recoñecen, a xuízo dos alumnos e alumnas
de Galicia, os mellores libros infantís e xuvenís publicados no último ano.
xoves, 5 de xuño de 2014
mércores, 4 de xuño de 2014
JOHN BANVILLE, PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS
DAS LETRAS 2014
O escritor irlandés John Banville foi
galardoado hoxe en Oviedo co Premio Príncipe de Asturias das Letras
2014 ao que optaban vinte e catro candidaturas procedentes de catorce países. O xurado destacou a
súa "intelixente, fonda e orixinal creación novelesca, e ao seu outro eu,
Benjamin Black, autor de turbadoras e críticas novelas policiacas". Conclúe
dicindo: "cada unha das súas creacións atrae e deleita pola mestría no
desenvolvemento da trama e no dominio dos rexistros e matices expresivos, e
pola súa reflexión sobre os segredos do corazón humano"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)