Páxinas

mércores, 28 de maio de 2014

PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE INVESTIGACIÓN

O químico valenciano Avelino Corma e os estadounidenses Mark E. Davis e Galen D. Stucky foron galardoados hoxe co Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2014 pola súa contribución ao campo dos materiais microposoros e mesoporosos.

luns, 26 de maio de 2014

INTERCAMBIO CULTURAL


Hoxe fomos visitar aos nosos amigos do IES “Moncho Valcarce” de As Pontes. Fixemos unha visita turística polos lugares máis característicos da vila: o Instituto; a Central Térmica; a Fraga; o Pantano; o Lago,…. Moitas grazas por este día marabilloso.
XACIO BAÑO E IRIA LÓPEZ IMPÓÑENSE EN CANS

Ser e voltar, de Xacio Baños, fíxose con Can de Pedra e os 1.500 euros á mellor curtametraxe de imaxe real; nesta intensa fita enfróntase aos seus dous mundos, o do audiovisual no que se move e o da aldea do que procede. Iria López impúxose na categoría de animación pola curta Jamón, por "narrar unha pequena historia cotiá con orixinalidade e cunha altísima calidade no deseño gráfico, na animación e na música”.

mércores, 21 de maio de 2014

O 'PAI' DE MAFALDA GAÑA O 'PRÍNCIPE DE ASTURIAS' DA COMUNICACIÓN

O humorista gráfico Joaquín Salvador Lavado, Quino, creador de Mafalda, foi galardoado co premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014. O galardón chega o mesmo ano en que se celebra o 50 aniversario da creación deste popular cómic, que foi traducido a máis de 30 idiomas e que se levou ao cine e á televisión.

martes, 20 de maio de 2014

ASOCIACIÓN PUNTOGAL

A Asociación puntoGAL presentou www.dominio.gal a primeira páxina web baixo o dominio da Internet para a sociedade galega. As páxinas web pioneiras do .gal comezarán a funcionar o 25 de xullo.

domingo, 18 de maio de 2014

O GALEGO PERDE PESO NA REDE
Día Mundial de Internet coincide co das Letras Galegas cada 17 de maio. No último ano, a porcentaxe do uso do galego na internet reduciuse  á metade, pasando de case un 0,015% do total de contidos web no mundo a apenas un 0,0075%. A caída foi especialmente dramática durante os meses de maio, setembro e outubro de 2013. Os datos actuais sitúan o galego moi lonxe dos idiomas que superan o 0,1% dos contidos en liña e que marca a fronteira entre as linguas consideradas relevantes na Rede e as minoritarias.

xoves, 15 de maio de 2014

TRABALLOS DOCUMENTADOS


O alumnado de 4º ESO elaborou traballos documentados sobre Xosé María Díaz Castro; uns en formato dixital e outros en formato papel ou cartolina. 
PENÉLOPE


mércores, 14 de maio de 2014

AS LETRAS E A MÚSICA

O ENDL e o Departamento de Música poñen música aos poemas de Díaz Castro. Esta semana animamos os recreos con estas pezas musicais. Cada día escollemos un lugar distinto do IES, hoxe tocou o corredor do 1º andar. O alumnado de 3º ESO tocou e recitou o poema “Penélope”.
DOCUMENTAL SOBRE DÍAZ CASTRO
    

martes, 13 de maio de 2014

OS NOSOS MARCAPÁXINAS


Estes marcapáxinas foron feitos por dúas alumnas de 4º ESO: Sara Arcos Rego e Carmen Docal García.
RECURSOS DIDÁCTICOS
 IMAGE
Pasapalabra

Proxecto multidisciplinar do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz que partindo dun documental inclúe unha unidade didáctica e materiais diversos como unha Axenda Escolar, un karaoke, partituras musiacis, etc., todos eles disponibles para a descarga.

luns, 12 de maio de 2014

INTERCAMBIO CULTURAL

Hoxe recibimos a visita dos alumnos de 3º e 4º ESO do IES “Moncho Valcarce” de As Pontes. Fixemos unha visita turística polos lugares máis emblemáticos de Cariño: a fábrica de conservas “La Pureza”, o porto, o barco “ Apóstol San Andrés”, o Cabo Ortegal, San Andrés de Teixido,… e por suposto, o noso Instituto.
SEMANA DAS LETRAS

domingo, 11 de maio de 2014

MARCOS ABALDE, GAÑADOR DO XIV PREMIO DE POESÍA FIZ VERGARA VILARIÑO

Marcos Abalde gañou a XVI edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. O xurado salientou de Oenach  "a súa boa construción e alento poético, as recorrencias míticas e a denuncia da ignominia: Ceuta, Lampedusa, Tijuana, Guernika, San Simón... Hai neste libro unha feliz adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega"
EXPOSICIÓN EN MADRID DE HOMENAXEADOS NAS LETRAS GALEGAS

O Parlamento de Galicia organiza na Casa de Galicia de Madrid unha exposición para dar a coñecer a traxectoria dos escritores homenaxeados o Día das Letras Galegas desde o inicio desta celebración, en 1963. A presidenta da cámara lexislativa galega, Pilar Rojo, inaugurou esta mostra posta en marcha coa colaboración da Real Academia Galega e a Xunta de Galicia.

venres, 9 de maio de 2014

FALECE MERCEDES SALISACHS

A escritora Mercedes Salisachs, que faleceu onte á noite en Barcelona aos 97 anos, era a decana das letras españolas, cunha obra prolífica, de linguaxe directa e concisa, que obtivo varios premios durante a súa longa traxectoria, entre eles o Premio Planeta de 1975 por A gangrena.

xoves, 8 de maio de 2014

A I CARREIRA “CAMIÑO DAS LETRAS”
A Consellaría deCultura anuncia a I Carreira “Camiño das Letras”, unha iniciativa que organiza o colectivo Xurdir e que chama a celebrar o Día das Letras a correr. O proxecto integra deporte, literatura e Camiño de Santiago, xa que será un traxecto de oito quilómetros nesta vía, entre Lavacolla e o Monte do Gozo, o que deberán percorrer os participantes o vindeiro domingo 18.Todos os participantes que rematen a carreira recibirán un libro e o diploma Camiño das Letras. Ademais, o centro escolar que máis alumnos presente na proba levará un trofeo e un lote de libros para a biblioteca.

mércores, 7 de maio de 2014

O 'PRÍNCIPE DE ASTURIAS' DAS ARTES

O arquitecto estadounidense Frank Gehry, autor entre outros edificios emblemáticos do Museo Guggenheim de Bilbao, foi galardoado hoxe co Premio Príncipe de Asturias das Artes ao que optaban 36 candidaturas de 19 países.
O xurado recoñeceu a relevancia e a repercusión das súas creacións coas que definiu e impulsou a arquitectura do último medio século e destacou que os seus edificios se caracterizan por un "xogo virtuoso con formas complexas, polo uso de materiais pouco comúns, como o titanio, e pola súa innovación tecnolóxica, que tivo repercusión tamén noutras artes".

luns, 5 de maio de 2014

NON NOS QUITAREDES OS SOÑOS



Unha denuncia social cargada de forza e emoción. Parabéns!!!

domingo, 4 de maio de 2014

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO

ProLingua anima a facer explícito o compromiso coa lingua nesta primavera a través dunha campaña de vídeos.