PREMIO TRASALBA
2014
Agustín Fernández Paz será a
personalidade da cultura galega homenaxeada na Festa Anual que organiza en
Trasalba a Fundación Otero Pedrayo. O escritor
recibirá o galardón na casa museo de Ramón Otero Pedrayo o próximo 29 de xuño
mentres recibe os parabéns da súa nova novela, A viaxe de Gagarin.