Páxinas

venres, 28 de marzo de 2014

OS XVIII PREMIOS MARÍA CASARES

Coa celebración dos María Casares a profesión premia os que considera os mellores espectáculos da temporada 2013. O mellor espectáculo teatral do ano pasado foi Eurozone de Chévere, que recrea a crise de Europa, adaptándoo á estética do filme de Tarantino Reservoir Dogs. Tamén recibiu a xerra que os recoñece como mellor iluminación, escenografía e a interpretación de Patricia de Lorenzo como actriz secundaria. Seguiuno, As do peixe, a homenaxe ás mulleres traballadoras das conserveiras de Cándido Pazó, que recibiu tres galardóns: mellor texto orixinal, mellor dirección (de Cristina Domínguez) e mellor actriz protagonista (Susana Dans).
A "PERSECUCIÓN" DO GALEGO

A "persecución" do galego volverá á Unesco 60 anos despois. A Mesa impulsa un informe ante a Unesco para denunciar a vulneración dos dereitos dos galegofalantes. Praza Pública

xoves, 27 de marzo de 2014

DÍA MUNDIAL DO TEATRO 2014



"Onde exista a sociedade humana, o irreprensible Espírito da Representación maniféstase", por Brett Bailey, dramaturgo e director sudafricano.


Baixo as árbores das pequenas vilas, nos escenarios altamente tecnificados das metrópoles globais; nos corredores das escolas e en campos e en templos; nas barriadas, nas prazas públicas, en centros comunitarios e nos sotos das cidades do interior, a xente é atraída para compartir no efémero mundo teatral que creamos para expresar a nosa complexidade humana, a nosa diversidade, a nosa vulnerabilidade, en carne viva, alento e voz.
Reunímonos para saloucar e para lembrar; para rir e contemplar; para aprender e para afirmar e para imaxinar. Para marabillarnos da destreza técnica e para encarnar aos deuses. Para capturarmos o noso alento colectivo na nosa habilidade para a beleza, a compaixón e a monstrosidade. Vimos para nos enerxizar e para empoderármonos. Para celebrarmos a riqueza das nosas diversas culturas e para disolvermos as fronteiras que nos dividen.
Baixo as árbores das pequenas vilas, nos escenarios altamente tecnificados das metrópoles globais; nos corredores das escolas e en campos e en templos; nas barriadas, nas prazas públicas, en centros comunitarios e nos sotos das cidades do interior, a xente é atraída para compartir no efémero mundo teatral que creamos para expresar a nosa complexidade humana, a nosa diversidade, a nosa vulnerabilidade, en carne viva, alento e voz.

Reunímonos para saloucar e para lembrar; para rir e contemplar; para aprender e para afirmar e para imaxinar. Para marabillarnos da destreza técnica e para encarnar aos deuses. Para capturarmos o noso alento colectivo na nosa habilidade para a beleza, a compaixón e a monstrosidade. Vimos para nos enerxizar e para empoderármonos. Para celebrarmos a riqueza das nosas diversas culturas e para disolvermos as fronteiras que nos dividen. Onde exista a sociedade humana, o irreprensible Espírito da Representación maniféstase. Nado na comunidade, leva as máscaras e as vestimentas das nosas diversas tradicións. Emprega as nosas linguaxes, ritmos e xestos e esclarece un espazo entre nós. E nosoutros, os artistas que traballamos con este espírito ancestral, sentímonos obrigados a canalizalo a través dos nosos corazóns, das nosas ideas e dos nosos corpos para revelarmos as nosas realidades en toda a súa mundanidade e brillante misterio.
Pero nesta era na que tantos milleiros de persoas loitan por sobrevivir, sofren baixo reximes opresores e dun capitalismo depredador, fuxindo de conflitos e adversidades; onde a nosa privacidade é invadida por servizos secretos e as nosas palabras son censuradas por gobernos entrometidos; onde os montes están a ser aniquilados, especies exterminadas e océanos envelenados:¿que nos sentimos obrigados a revelar? Neste mundo de poderes desiguais, no que diversas ordes hexemónicas tratan de nos convencer que unha nación, unha raza, un xénero, unha preferencia sexual, unha relixión, unha ideoloxía, un marco cultural é superior a todos os outros, ¿é verdadeiramente defendible insistir en que as artes deben estar sen cadeas fronte ás axendas sociais? ¿Estamos nosoutros, os artistas de ágoras e escenarios, conformes coas asépticas demandas do mercado, ou aproveitamos o poder que nosoutros temos para limpar o espazo nos corazóns e as mentes da sociedade, para reunirmos á xente arredor de nosoutros, para inspirar, encantar e informar, e crearmos un mundo de esperanza e xenerosa cooperación?

luns, 24 de marzo de 2014

IN MEMORIAM


Adolfo Suárez González (Cebreros, Ávila, 25 de setembro de 1932-Madrid, 23 de marzo de 2014) entra na Historia por dirixir o tránsito desde o Estado ditatorial até a democracia constitucional. No seu derradeiro ano de Goberno revisa o Estatuto galego para homologar Galicia ás outras nacións históricas. 

domingo, 23 de marzo de 2014

A BANDA  DESEÑADA GALEGA

Hai unhas semanas a Asociación Cultural Tebeosfera facía público un informe que facía balance do ano pasado no que a edición de banda deseñada atinxe. Segundo este texto, o 2013 foi un ano de expansión para a banda deseñada en galego.

martes, 18 de marzo de 2014

MANOLO GONZÁLEZ, PREMIO HONORÍFICO “FERNANDO REY”

Investigador, profesor, produtor e promotor de numerosas iniciativas no mundo audiovisual, Manolo González é o escollido pola Axencia Galega do Audiovisual para lle outorgar o seu premio honorífico “Fernando Rey” na edición de 2014. O premio entregarase, canda os gañadores das distintas categorías da XII edición dos Mestre Mato na gala que se desenvolverá o vindeiro 12 de abril no Palexco da Coruña. 

luns, 17 de marzo de 2014

VISITA DE MARCOS CALVEIRO



Hoxe o alumnado de 4º ESO recibiu a visita de Marcos Calveiro, quen nos falou do seu libro Todos somos. Grazas.

xoves, 13 de marzo de 2014

OLLADAS DE MULLER

A exposición Olladas de muller sobre a “Guía Postal de Lugo” de Maruja Mallo xira arredor dunha obra que fora realizada por Maruja Mallo en 1929 por encargo da Deputación de Lugo. O cadro, titulado “Guía Postal de Lugo”, realizouno cando tiña menos de trinta anos e esta foi unha das súas primeiras obras; un cadro no que ofrecía a súa visión da provincia de Lugo, mesturando modernidade e tradición co seu propio imaxinario.
O proxecto convocou hai meses nove creadoras: Mónica Alonso, Carla Andrade, Mónica Cabo, Carolina Cruz Guimarey, Xisela Franco, Carmen Llonín, Paulova (Paula López Vallejo), Antía Moure, Colectivo Tanuki (Nieves Neira e Cristina Sánchez), xunto con Vari Caramés, para que reinterpretasen a obra orixinal de Mallo.
Esta exposición, comisariada por Encarna Lago e Anxela Caramés foi inaugurada o pasado 7 de marzo e  poderase ver até o vindeiro 7 de abril no Museo Provincial de Lugo.

mércores, 12 de marzo de 2014

O II FESTIVAL ATLÁNTICO


Onte a cantante Mercedes Peón inaugurou o II Festival Atlántica de Narración Oral. Desta volta, o festival esténdese por Galicia, con sedes e actividades en Vigo e Teo, ademáis de en Compostela.