Páxinas

venres, 20 de decembro de 2013

OS COIDADOS DA LINGUA

                                                                    Xaquín Marín







mércores, 18 de decembro de 2013

 RÍOS FERNÁNDEZ, NOVO PRESIDENTE DA RAGC

Ríos Fernández, académico da Real Academia Galega das Ciencias desde o ano 2004 e vicepresidente desde 2010, convértese no terceiro presidente da institución logo de Viéitez e do seu antecesor, Enrique Vidal Abascal.
O último ingreso dun académico na institución data do ano 2004 e das súas 40 prazas numerarias na actualidade só están cubertas a metade;e tampouco hai ningunha muller. Cambiar esta situación é un dos retos que afrontará Miguel Anxo Ríos Fernández.

martes, 17 de decembro de 2013

A CASA-MUSEO DE ROSALÍA REABRE HOXE 

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, situada no lugar de A Matanza, no concello coruñés de Padrón, reabre hoxe ao público despois de pechar o pasado 12 de outubro, a causa da segunda fase das obras de acondicionamento do inmoble.

luns, 16 de decembro de 2013

ITH

.
ITH é unha iniciativa desenvolvida pola Fundación Uxío Novoneyra co apoio do Ministerio de Cultura do Goberno de España. Centrarase en proxectos culturais, sobre todo literarios ou editoriais, e sobre todo naqueles que pola súa especificidade, vangardismo ou polo motivo que sexa non atoparon a forma de desenvolverse no tecido editorial existente; ademais aspira a moverse en catro linguas: galego, castelán, portugués e inglés.

venres, 13 de decembro de 2013

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2014

O novo calendario do Libro e da Lectura engade dúas efemérides: o Día do Usuario das Bibliotecas, o 11 de xaneiro, e o Día da Ilustración no Libro, o 30 de xaneiro (aniversario de Castelao) e perde o Día de Rosalía, o 24 de febrero.

mércores, 11 de decembro de 2013

AGASALLO.EU   


                                   Agasallo

Agasallo.eu é unha plataforma en liña que compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego para todas as idades, todo tipo de acontecementos e épocas do ano. Unha iniciativa de visibilización dos produtos e servizos galegos, singularmente da nosa industria cultural (libros, discos, artesanía, tecnoloxía, audiovisual…), textil e alimentaria, ao tempo que de promoción de consumo responsable (tamén na nosa lingua). Agasallo.eu preséntase oficialmente hoxe e poñerase en funcionamento ao longo desta semana. 



martes, 10 de decembro de 2013

 DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Artigo 2. Todos temos os mesmos dereitos, sen distinción algunha por motivo de raza, cor, sexo, idioma, relixión ou opinión.


xoves, 5 de decembro de 2013

RUBÉN MARTÍNEZ ALONSO GAÑA O RISCO 
As escaleiras do gran hotel, de Rubén Martínez Alonso, é a obra gañadora do XIV Premio Risco de Creación Literaria. Ten unha trama de intrigas políticas e ideolóxicas previas á Segunda República. A protagonista é unha feminista adiantada ao seu tempo, que rompe co modelo familiar da época e soña cun futuro de independencia económica e intelectual. 
                                              
A TERRA QUEIMA


                        

A terra queima é un libro con CD no que se integra a música e narrativa nunha soa historia. Cancións de Lalo Martínez complementan e achegan información sobre o misterio ao que se enfronta Antón, protagonista da narración. O volume conta con textos de Xurxo Souto e ilustracións de Sesé.

mércores, 4 de decembro de 2013

martes, 3 de decembro de 2013

PRODUTORAS GALEGAS PARTICIPAN NO MERCADO AUDIOVISUAL ARXENTINO


                        

A Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC, anunciou onte que dez produtoras do país participarán, co seu apoio, no mercado audiovisual “Ventana Sur”, que se celebra en Bos Aires entre os días 3 e 6 de decembro. No evento proxectaranse mostras de filmes destas produtoras, realizarase un encontro profesional e poderá verse o novo vídeo promocional Films from Galicia.

luns, 2 de decembro de 2013